Sábado. 18.05.2024

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, mantivo un encontro de traballo coa presidenta da Asociación TDAH Salnés, Becky Cameán, coa fin de seguir estreitando os lazos de colaboración entre ambas entidades e propiciar sinerxías que redunden nunha mellor atención das persoas con trastornos por déficit de atención e hiperactividad, dislexia e necesidades educativas especiais (NEE), tanto do noso municipio como no resto da comarca.

A reunión, que tivo lugar na Casa de Cultura ‘Manuel Ayaso’ de Aguiño (onde a citada asociación ten a súa sede barbanzana dende 2019), contou tamén coa participación da xefa de servizo dos Servizos Sociais de Ribeira, Fran Vidal, da secretaria/xerente de TDAH Salnés, Eva Silva, e do seu delegado comarcal do Sar, José Vaamonde.

No transcurso da xuntanza analizáronse, entre outros puntos, diversos proxectos e propostas que teñen que ver, entre outros puntos, coa mellora da formación e información das familias e docentes e co fomento dun ocio saudable e educativo.

Asociación e Concello seguirán conversando no ánimo de mellorar a realidade social e educativa das persoas afectadas e as súas familias.