Sábado. 18.05.2024

Verónica Calvo do Club Atletismo Sar e Daniel Paz do Brión-Hyupersa Santiago se subiron ao máis alto do podio a pasada fin de semana no Trail Serra do Barbanza VII Campionato Galego organizado polo Concello de A Pobra conxuntamente coa Federación Galega de Atletismo (FGA), que foi un éxito de participación e no que se estableceron os integrantes da selección galega que disputará o vindeiro 7 de maio o Campionato de España por Autonomías da especialidade en Berga, Barcelona.

Uns 150 atletas tomaron a saída desde o mirador da Corutiña para completar un percorrido de 25,44 quilómetros con 1.308 metros de desnivel do trail longo (Campionato Galego) e os 14 quilómetros con 654 metros de desnivel do curto, nun esixente circuíto nunha fermosa contorna como é a Serra do Barbanza. 

Verónica Calvo proclamouse capioa galega despois de atravesar a liña de meta cun tempo de 3h.03:47, mentres que o campión absoluto fixoo parando o crono en 2h.18:14. Completaron os podios, en categoría feminina Carla Trillo (Ría de Foz) e Eva de la Fuente (Brión-Hyupersa Santiago); e na masculina Carlos Lorenzo (Jab-Berga) e Roberto Tuñas (C.A. Negreira).

Paralelamente disputouse o Trail Popular Serra do Barbanza e no que se impuxeron Rebeca Marino e Sebastián Reboreda no trail curto, e Cristina Carril e Manuel Currás que fixeron o propio no trail longo.