Sábado. 20.07.2024

A vila ribeirense vai contar cun novo espazo axardinado no barrio de Abesadas.

Así, a Brigada Municipal está inmersa nos traballos conducentes á plantación de trinta árbores na marxe do seu aparcamento disuasorio lindando coa avenida da Constitución. En concreto, a especie que se está a plantar e a photinia, con trinta exemplares dispostas en ringleira de forma paralela á beirarrúa desta vía.

Continúa deste xeito a dotación de novos espazos verdes na cidade, tal e como se fixo en meses pasados con actuacións emprendidas no paseo das Carolinas ou na avenida da Coruña.