Sábado. 18.05.2024

El pasado fin de semana, a localidade coruñesa de Sada acolleu a clasificatoria autonómica para as embarcacións da clase intenacional Laser (ILCA) de vela lixeira e que congregou 90 embarcacións, así como aos regatistas dos clubes náuticos e de mar de toda Galicia nas súas diferentes categorías.

Os regatistas do Real Club Náutico de Portosín realizaron unha magnífica regatas acadando o podio en tres ocasións e con parciais moi bos do resto dos representantes e embarcacións do club. Ademáis, os regatistas que lideraban as súas clasficacións xerais, mantiveron os seus primeiros postos, e o resto de deportistas do equipo melloranron os que tiñan.

Así, ao remate das diferentes mangas, Alicia Ávila (ILCA 6), Carmela Arán (ILCA 4), Javier Isidro (ILCA 7) e Miguel Reboreda (ILCA 7) foron os representantes de Portosín que se subiron ao podio nos postos segunda feminina, segunda feminina, segundo da xeral e terceiro da xeral, respectivamente. Ademais, Ávila lidera a clasificación galega, Isidro a Aprentice Master e Reboreda a Master. O resto de resultados foron o sétimo posto en Sub19 de Anxo Vila (ILCA6) e o noveno de Pelayo Gómez (ILCA 6) tamén Sub19. Candela Asensio (ILCA 6) rematou o seu concurso mantendo o segundo posto da clasificación xeral feminina e finalizou na decimoprimeira posición Sub19.