Sábado. 18.05.2024

A mancomunidade Barbanza-Arousa, coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño A Orixe, iniciaron os traballos para a instalación no municipio de 155 postes indicativos sobre o traxecto xacobeo e que foron elaborados polos alumnos  do obradoiro de emprego Serra do Barabanza e por alguns dos asistentes ao taller de carpintería da UAD.

A instalación iniciouse en Corrubedo, onde se inicia a ruta A Orixe, e continuarán por todo o percorrido dentro do concello que abrangue a primeira etapa ata a Capela da Guía en Carreira, e unha parte da segunda que culmina na Igrexa de Santa María A Antiga no concello veciño de A Pobra. O obxectivo, ademáis de visibilizar esta ruta do Camiño, é que os peregrinos teñan toda a información tanto na ruta dirección a Compostela, como o de volta cara ao cabo barbazán.

Ademáis, os participantes no taller de carpintería, tamén participaron na sinalización do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e nas Lagoas de Carregal e Vixán.