Domingo. 03.03.2024

O mirador da Curotiña, en A Pobra, será o punto de saída, o 17 de abril, da proba do VII Campionato Galego de Trail Federación Galega, Trail Serra do Barbanza, no que se confeccionará a lista de integrantes da selección autonómica que disputará o vindeiro 7 de maio, en Berga, Barcelona, o Campionato de España, sumándose ao resto de seleccións galegas oficiais de atletismo nas modalidades de campo a través, pista e ruta.

Poderanse inscribir na sétima edición da competición autonómica, individual e por equipos, todos os deportistas que teñan ficha este 2022 pola Federación Galega de Atletismo (FGA) desde a categoría Sub20. Os interesados poden facelo ata o 11 de abril ás 20 horas.

A competición, igual que nas catro últimas edicións terá a súa salida no mirador da Curotiña, e os atletas completarán un percorrido de 25,44 quilómetros no trail longo con 1.308 metros de desnivel positivo, mentres que o trail curto será de 14 quilómetros con 654 metros de desnivel positivo. Uns circuítos moi esixentes nunha fermosa contorna. 

Ademais, na cita da Pobra tamén se disputará a IX edición da Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal de caracter máis popular.

As inscripcións están abertas, para o Campionato de Galicia ata o luns 11 de abril ás 20.00 horas nesta ligazón, mentres que as populares se poderán facer ata o martes 12 ás 23.59 horas neste enalece.