Sábado. 18.05.2024

A parcela denominada a Casa do Sol de Ribeira albergará a nova Biblioteca Municipal, que triplicará en superficie á anterior, será altamente eficiente e estará nun edificio integrado coa arquitectura da zona, tal e como explicaron os arquitectos reponsables, Emilio e Manuel Domínguez, durante a presentación no Concello ante os diferenrtes grupos da Corporación.

A nova biblioteca, na Casa do Sol, na rúa Galicia, moi preto do mercado municipal, xa foi adquirida polo Concello para esta fin e o proxecto prevé ampliar cunha planta o inmoble e constríndo ás súas costas outro edificio de igual volume, estética e características, que estarán unidos por un ascensor, e cuxo obxecto e manter a integración coa arquitectura da zona. Na parte traseira, como explicaron os arquitectos, se acondicionará un patio axardinado duns 200 metros cadrados e que tamén prestará servizo de biblioteca.

No soto instalarase o arquivo, onde non só se gardarán os fondos da biblioteca, senón que ademais parte do aquivo municipal o que permitiría liberar espazo na Casa do Concello e na Policía Local. Tamén contará con dependencias como unha recepción, salas infantís, de lectura, de informática ou de silencio total. E, na busca da maior eficiencia da infraestructura dotarase ao edificio dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares foltovoltaicos e un alxibe de pluviais.

O alcalde Manuel Ruíz explicou que a obra poderá ser licitada no prazo dun mes e que a finais do ano 2023 podería ser xa unha realidade. Unha promesa que xa viña de hace moito tempo e unha necesidade para a veciñanza que agora se fai realidade.