Sábado. 18.05.2024

O salón de plenos de Ribeira acolleu o acto de entrega das becas do Concello concedidas para apoiar aos deportistas do municipio que ao longo da pasada tempada destacaron nas súas respectivas especialidades. 

En total foron 16 deportistas os que recibiron ás súas axudas principalmente na especialidade de taekwondo, pero tamén en duatlón, kempo, patinaxe, loita ou defensa persoal. Esta é a listaxe:

  • Manuel Parada Martínez, noveno no Campionato de España absoluto de taekwondo.
  • Nuria Cernadas Ageitos, prata no Campionato Galego promesas de taekwondo.
  • Tomás González Lois, prata no Galego absoluto de taekwondo.
  • Alejandro Vidal Álvarez, taekwondista paralímpico participante nos Xogos de Tokio 2020.
  • Jorge González Mariño, subcampión mundial de duatlón.
  • Manuel A. Parada Folgar, bronce no Nacional de ciclismo XCO.
  • Borja Domingos Franco, cuarto no Open dos Países Baixos de taekwondo.
  • Adrián Pego Rey, campión de España de loita olímpica.
  • Irene Montemuiño Martínez, ouro no Open de Andalucía de taekwondo.
  • Lucía Montemuiño Martínez, prata no Open de Andalucía de taekwondo.
  • Juan Vicente Figueiras, campión de Galicia de kempo.
  • Borja Figueiras, campión de Galicia de kempo.
  • Jorge Noya Ageitos, subcampión galego de patinaxe.
  • Ainara Pardal Reboiras, campioa galega de defensa persoal.
  • Paula Castro Novo, campioa galega de katas en kempo.
  • Alejandro Paz Alborés, prata no Open dos Países Baixos de taekwondo.