Sábado. 18.05.2024

A pasada fin de semana a localidade de Noia acolleu unha exitosa XXXVI edición do Rali Berberecho que contou con 120 vehículos, superando todas as expectativas xa que a previsión inicial era de 114 coches, que tiveron que afrontar, durante a fin de semana, cinco tramos, catro deles a dúas pasadas sobre unha distancia total de 51 quilómetros.

Nunha proba que estivo moiu reñida de principio a fin, os pilotos da Escudería Yacar Racing, Víctor Senra e Jandrín López se subiron ao máis alto do podio da cita do calendario galego de estrada, que percorreu tamén os concellos da comarca como Outes e Porto do Son. Por primeira vez este ano, a Escudería Berberecho, organizadora do rali xunto ao Concello de Noia, entregouse o Trofeo Portus Apostoli aos pilotos da escudería en agradecemento polo seu apoio e confianza.

Completaron o podio Alberto Meira e Avelino Martínez (Escudería AMF Sport) que foron segundos; e Alberto Nimo e José Antonio Pintor da Escudería Arvidal Racing e que foron terceiros ao remate das tres xorndas do rali. No Trofeo Portus Apostoli, para pilotos da Escudería Berberecho, impúsose o Citroën Saxo VTS de Javier Eiras e Álvaro García, seguidos do BMW 318 de Daniel Vázquez e Manuel Estévez; e do Peugeot 106 GTI de Ángel Boullón e José Cañas.

Unha das únicas incidencias foi o aparatoso accidente que sufriron os pilotos da escudería organizadora, Pedro Castro e Álvaro Vila no tramo de Outes. Desde a organización, que xa está a preparar a seguinte edición, desexáronlles unha prota recuperación.