Sábado. 18.05.2024

O Concello de Ribeira, a través da concellería de Cultura convoca a todas as persoas maiores de 18 anos a unha proba de selección para formar parte do Grupo Municipal de Teatro da vila do Barbanza. A proba terá lugar o vindeiro martes 29 de abril ás 21.00 horas no Auditorio Municipal, na rúa de Portugal, nº3.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 1 e o 24 de abril, enviando un correo electrónico a culturafestexos@ribeira,gal, indicando os seguintes datos: nome, apelidos, idade e teléfono de contacto. Para máis información, pode chamarse ao teléfono 981 835 650 en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.