Sábado. 18.05.2024

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ribeira foi o escenario da recepción aos deportistas Adrián Pego e Juan Vicente Figueira, polos éxitos acadados coa Selección Española na Copa do Mundo da Federación Internacional de Kenpo, que se disputou en Caldas da Rainha, en Portugal.

Ambos deportistas, del Club Kenpo Pobra, finalizaron o seu concurso acadando dous ouros (Full Kenpo e Submissión), de Pego, e unha prata, de Figueiras tamén en Full Kenpo.

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz, e contou, ademais de cos dous deportistas laureados, con outros integrantes do equipo no que militan, co seu adestrador que tamén estivo en Portugal en condición de coach,e con varios edís da corporación municipal.

O alcalde felicitou aos deportistas que acadaron as medallas, pero tamén ao seu club e ao seu adestrador, e destacou o feito de non darse por vencidos para acadar os resultados, “como nos teñen demostrado deportistas como Ana Peleteiro ou Rafa Nadal”, comparou o rexedor que ao remate da recepción, realizouse una foto de familia cos medallistas mundiais e o resto de integrantes do equipo de Kendo Pobra nos soportais do Concello.