Sábado. 18.05.2024

Xa quentan os motores da XXXVI edición do Rali Berberecho de Noia, unha das grandes citas do calendario galego, e que contará con 114 coches que terán que completar un total de cinco tramos, catro deles a dúas pasadas, sobre unha distancia total duns 51 quilómetros.

Este fin de semana, a vila do Barbanza será a capital do motor, cunha proba organizada pola Escudería Berberecho e que conta coa colaboración do Concello de Noia. "Haberá novidades, máis o seu obxectivo e manter a súa esencia que permita atraer, como noutras edicións, máis de 20.000 visitantes ao concello", indicaron durante a presentación.

O parque móbil cerrado estará situado en Labarta, e unha vez feitas as verificacións técnicas, o venres ás 20 horas iniciáse a proba cun tramo urbano-nocturno de case dous quilómetros polo paseo marítimo da vila e por Barro. O sábado ás 7.10 horas, partirán os primeiros pilotos para disputar o tramo vespertino de Vruma Kayak con chegada en Outes cuns 11Qm de percorrido. Unha vez rematado, Mazaricos tomará o relevo co tramo Senra Sport de máis de 10 quilómetros que recupera as rasantes de Xestoso, como indicou durante a presentación a escudería organizadora.

Os equipos regreserán ao parque móbil de Labarta para comer e descansar, antes de afrontar o tramo Pavimentos Noia con meta en Lousame de case 11 quilómetros e o tramo de Porto do Son co paso por Montemuiño de 15 quilómetros co que se pechará a proba. A entrega de premios realizarase no Coliseo Noela ás 23.30 horas, e nesta edición se entregrá por primeira vez o Trofeo Portus Apostoli creado e destinado aos pilotos da Escudería Berberecho “que é a nosa maneira de agradecerlle a súa confianza e estar con nós sempre”, asegurou a organización.