Xoves. 09.05.2024

A alcaldesa do Concello de Lousame, Teresa Villaverde, recibiu o dorsal 001 como testigo da séptima edición da proba Os 100 do Barbanza que se disputará os vindeiros 25 e 26 de xuño, e que partirá desde Lousame cun percorrido de 100 quilómetros por sete concellos da comarca: Lousame, Noia, A Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo e Porto do Son. Os partipantes terán que completar o percorrido, ben a pé ben correndo, antes de 24 horas.

Os 100 do Barbanza é unha proba de carácter non competitivo, e está organizada polo Club Deportivo Internacional Trekkers Brabanza Sar, e na mesma colaboran tamén os sete concellos por onde transcorre, ademais da macomunidade Arousa Norte.

O percorrido, sinalizado e balizado nos seus 100 quilómetros, transcurre por sendeiros, camiños e pistas, e “percorre os lugares senlleiros do Barbanza poñendo ao mesmo tempo en valor os aspectos turísticos e gastronómicos”, indicou o director técnico da proba Xabier Boullón.

A cita deportiva volve ao calendario despois de dous anos de parón pola pandemia da Covid, e esta edición “arrinca cunha subida acumulada de 3.000 metros, que será todo un reto para os participantes”, explicou Boullón no tocante aos aspectos máis técnicos da cita.

Entre os lugares emblemáticos do itinerario desta edición están os castros como o de Baroña, os petróglifos como a Pedra da Serpe e as prais como a Aguieira. Ademáis de outros lugares de interese cultural como a antiga Fábrica de papel de Domingo Fontán de Lousame ou a igrexa de San Vicente.

Todos os participantes estarán xeolocalizados, e ao longo de todo o percorrido instalaranse dez postos de avituallamento, ademáis dun equipo médico e unha ambulancia. Outra das novidades deste ano e que a proba contará cun asesor experto deportivo.

O prazo para inscribirse nos 100 do Barbanza abriuse o pasado 28 de febreiro. O custe da inscripción é de 55 euros ata finais de abril, e de 75 euros a partir de aí. O límite de prazas establecido pola organización é de 300 deportistas.

Os 100 do Barbanza é unha proba non competitiva que busca poñer en valor a cultura e o entorno da comarca a través dun percorrido deportivo de 100 quilómetros e 24 horas polos lugares más senlleiros e emblemáticos.