Venres. 24.05.2024

O Concello da Pobra do Caramiñal xa conta con oito novos desfibriladores nos oito espazos cardio protexidos da localidade do Barbanza. Ainda que o departamento de Seguridade do Concello instalara os dispositivos no ano 2018, estes acaban de substituirse por uns máis modernos e precisos, e que incrementan a porcentaxe de supervivencia no caso de ser necesario o seu uso. 

Como parte desta renovación dos dispositivos, o Concello tamén organizou varias xornadas de formación dirixidas ao persoal municipal, entidades deportivas, así como aos traballadores do mercado para garantir o uso correcto dos desfibriladores.