Sábado. 18.05.2024

O Concello de Ribeira iniciou os traballos de acondicionamento e mellora da praza do Rueiro en Palmeira, á beira do arranque da praia da Corna.

As obras consisten basicamente na renovación do pavimento, actualmente de baldosa bastante deteriorada. A tal efecto, instalarase unha nova superficie formada por lousas de granito e de formigón pulido previo acondicionamento da mesma, en tanto que os bordillos serán de granito abuxardado.

Outras accións que se van emprender son a habilitación dunha pequena zona verde circundando as palmeiras existentes a base de terra vexetal e céspede natural. Tamén se colocarán tres novos bancos de madeira e se instalará unha nova varanda de aceiro inoxidable en substitución da existentes.

Os traballos están sendo executados por Marqués de Marancán, S.L. e comportan un investimento de 15.932,96 euros.