Sábado. 18.05.2024

En Boiro tivo lugar a inauguración do Pazo de Goiáns logo das obras de rehabilitación do inmoble principal, coincidindo coa programación das Letras Galegas 2022. Na inauguración interviron o alcalde, José Ramón Romero, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto; e a programación contou tamén coa presentación do caderno nº6 de Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos; e unha actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio.

Na súa intervención o alcalde falou da historia do Pazo e das obras de rehabilitación que comezaron no ano 2019. “Cada detalle desta rehabilitación foi escollido con mimo e con moito gusto, intentando salvagardar todos aqueles elementos orixinais e conservar a súa esencia”, recoñeceu o alcalde. José Ramón Romero agradeceu o traballo de todas as persoas e colectivos que traballaron para a súa recuperación e que “o Pazo de Goiáns chegue hoxe ás mans ás que pertence: ás do pobo de Boiro”.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, agradeceu o convite e animou a seguir realizando actividades e eventos “neste escenario que hoxe se inaugura”.

Máis dun cento de persoas asistiron es á inauguración, entre os que estiveron membros da corporación local, ex alcaldes do municipio e membros de antigas corporacións locais, tamén representantes de entidades e asociacións e os membros da Comisión de Planificación e Futuro do Pazo de Goiáns.