Sábado. 18.05.2024

O campo  de céspede artificial da Guía de Ribeira foi seleccionado polo Instituto de Biomecánica de ValenciaSignus (Entidade sen ánimo de lucro para a xestión de pneumáticos fóra de uso)  para o desenvolvemento dun estudo pioneiro, que mediante a instalación dunha serie de medidas para monitorizar e identificar as fontes de liberación de microplásticos neste tipo de superficie, poder así saber cal é a mellor forma de evitalos.

O terreo de xogo de Carreira será o primeiro de toda España de herba artificial en contar con estas medidas, e foi elixido pola súa exposición a unha meteoroloxía de choiva intensa. Entre as medidas está a instalación dunha serie de filtros na recollida da auga de choiva e do rego, a instalación dunha barreira no perímetro para evitar que o caucho salga do terreo de xogo; un sistema de limpeza de botas no acceso ao campo, e a instalación duns contenedores para concienciar aos xogadores e deportistas da importancia de recoller todas as partículas de caucho depositadas nas súas botas ou nas súas equipacións.

A finalidade do estudo é poder previr e cumprir nun futuro, evitando a liberación do caucho ao medio ambiente,  coa Unión Europea que vai regular a limitación no uso destes microplásticos, moi habituais nos campos de céspede artificial, e impoñer restricións no uso do caucho reciclado de pneumáticos na súa aplicación por ter unhas partículas engadidas ao céspede de entre 0,8 e 2,5 milímetros. 

Según informa Signus en España quedan fóra de uso ao ano unhas 300.000 toneladas de pneumáticos, das que unhas 75.000 teñen como destino os campos de céspede artificial, e con este estudo o que se pretende é reducir ao máximo a liberación destes microplásticos ao medio ambiente.