Domingo. 05.05.2024

A mostra itinerante Paso a paso, dos alumnos da escola de fotografía que dirixe Fuco Reyes, se pode visitar na casa do Concello de Ribeira ata o vindeiro 15 de xuño. A exposición está composta por 24 imaxes realizadas por oito alumnos da escola que xa estivo en varios concellos galegos, e cuxo percorrido, despois do seu paso por Ribeira rematará en Santiago a finais deste ano.

A exposición divídese en tres grupos temáticos de traballo: un grupo documental coas obras de Ánxela Taboada e Adonis Ríos coa súa representación da alma galega; outro emocional que pon o énfase nas vinvencias de cada ser humano e que mostran coas súas imaxes Ramiro González, Josina Gancedo e Esmeralda L. Castro. E, por último o grupo de corte poética nunha mestura entre fotografía e pintura na representación máis onírica e que desenvolveron María Pino, Maite Miñambres e Ana Rozas.