Domingo. 05.05.2024

O Concello de Boiro recibiu unha notificación da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade coa clasificación das zonas de baño para a tempada 2022. Este informe acredita que Boiro conta cun total de nove zonas de baño con calidade excelente e que son Barraña, Barraña- Salitiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns, Piñeirón, Portomouro, Retorta e Ribeira Grande.

Nos últimos anos realizouse un cambio na xestión dos pozos de bombeo e vertidos. Na actualidade realizase diariamente unha limpeza constante dos pozo e do sistema de alcantarillado, ademais ampliouse e intensificouse a renovación das bombas para reducir o consumo eléctrico e outorgar unha maior eficiencia. Deste xeito fóronse reducindo tamén os vertidos ao mar.

Unha das actuacións máis relevantes levadas a cabo é a corrección do vertido en Peralto, unha praia que levaba anos pechada ao baño e que, na actualidade, ten unha calidade da auga catalogada como boa e ten permitido o baño. “Os resultados de calidade das augas amosan que, coas actuacións realizadas neste ano reducíronse o numero de problemas relacionados co saneamento e os vertidos”, indicou o tenente de alcalde, Luís Ruiz.