Sábado. 18.05.2024

A pasada fin de semana o Conservatorio de Música Profesional de Ribeira acolleu un novo encontro da Aula Galega de Saxofón, no que alumnos e profesores ofreceron dous concertos aos asistentes, nun acto que contou, ao seu remate, coas intervencións do profesor titular da Aula, Xabier Casal, do Conservatorio Superior das Illas Baleares, e coa pianista do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos, Hilomi Sakaguchi.

Alumnado e profesorado de Ribeira e doutros lugares como Santiago, Ribadumia, Pontevedra, Sanxenxo, Meaño, Piloño, Merza e incluso desde Madrid, e polo profesor do Conservatorio de Ribeira, José Fungueiriño encargado de coordinar o encontro, deron os dous concertos que ademais puideron seguirse en streaming a través da canle de Youtube do Conservatorio, onde se poden ver de forma permanente.