Luns. 06.05.2024

O Noia Portus Apostoli escribiu unha nova páxina da historia do fútbol sala galego, conseguindo o ascenso á Primeira División e o título de campión na categoría de prata a falta de cinco xornadas para o remate da competición, e ante a súa afición que encheu o Agustín Mourís o pasado sábado. 

O Noia chegaba ao enfrentamento decisivo co Leganés como líder absoluto da Segunda División, e con 18 puntos de diferenza co segundo clasificado o Peñíscola. O equipo que dirixe Marlon Velasco realizou unha tempada espectacular con 24 triunfos, tres empates e dúas derrotas.

Ante a súa afición, que converteuse no xogador número seis, o Noia abriu o marcador (1-0) moi cedo por medio do pívot Bruno Gomes aos dous minutos de iniciarse o encontro nunha xogada enrevesada na área rival. E tres minutos despois, Joaki anotaba o segundo (2-0) tras un pase en profundidade e cun tiro cruzado.

O partido estaba moi prudente, ambos equipos moi cerrados e cando parecía que o marcador non se movería, as gradas enmudeceron no minuto 15, cando o ala do Leganés, Juanma, reducía as distancias (2-1) cun disparo raso desde lonxe.

A medida que os minutos ían menguando, o Leganés tivo varias ocasións de acadar o empate e os xogadores do Noia as súas réplicas para sentenciar.

Na recta final, a afición xa comenzaba a celebrar o que era un fito histórico para o club do Barbanza, xa que con puntuar certificaba o campionato e o ascenso á máxima categoría da mellor liga do mundo. No minuto 36, cando parecía que o electrónico xa non se movería, Chus puxo a guinda a unha tarde máxica (3-1) despois de que Bruno Gomes lle deixe pisado o balón ao salmantino que non perdoa.

Un Agustín Mourís cheo comenzou a vibrar e tremer, e cando o colexiado asubiou o final, a festa trasladouse á pista de parqué e logo ás rúas da vila do Barbanza. Porque o Noia Portus Apostoli xa é de Primeira!