Sábado. 27.07.2024

O Concello de Boiro proxecta, desde finais de marzo e ata decembro, todos os filmes finalistas da última edición dos premios Mestre Mateo dentro do ciclo impulsado pola Academia Galega do Audiovisual e que conta co apoio do departamento de cultura da Deputación Provincial da Coruña. A proxección dos filmes terá unha periodicidade mensual en dúas etapas de marzo a xuño e de setembro a decembro. 

A veciñanza de Boiro poderá desfrutar dos títulos O gran camiño, Melancolía, Cuñados, Welcome to my maison, Tres e Jacinto, todas elas finalistas ou a mellor película ou a mellor documental. O filme que se proxecte cada mes non se conocerá ata o mesmo mes. 

O ciclo de cine Mestre Mateo comenzou o pasado sábado 26 de marzo, no Centro Social de Boiro coa proxección de O gran camiño, un filme dirixido por Alba Prol e Raúl García que conta a historia de dous cineastas que emprenden unha aventura, profundizando en temas como a familia, a espiritualidade ou o coidado do planeta.

“Estamos moi contentos con esta iniciativa da Academia Galega e a Deputación. que permite recuperar as proxeccións de cine que se teñen realizado xa noutras ocasións”, asegurou a concelleira de Cultura, María Outeiral, durante a presentación do ciclo Mestre Mateo, na que ademáis anunciou que o Concello de Boiro tamén vai proxectar no verán os filmes Los Croods: una nueva era e Valentina.