Domingo. 05.05.2024

O Noela Máster Team, coa colaboración do Concello de Noia, organizou a pasada fin de semana a primeira edición do Trofeo Portus Apostoli de ciclismo en estrada máster, segunda proba puntuable para a Copa Galicia da categoría, que tivo a súa saída e chegada na Alameda da vila do Barbanza e cuxos corredores tiveron que completar un percorrido de 85 quilómetros. 

Miguel Agreda, ciclista máster-40 do equipo Lasal Cociñas-Louriña, acadou a victoria nun disputado esprint na chegada, superando ao seu compañeiro de filas Juan José Álvarez, tamén máster-40, por un segudo de vantaxe. Javier Freire (Huerces) foi o máis rápido no grupo dos máster-30, mentres que Javier Tajes (Norinver), único corredor de máster-50 atravesou a liña de meta co mesmo tempo que o grupo principal. Ademais, o seu compañeiro no Norinver, Manuel Prieto, impúxose no grupo dos máster-60.

Así, ao remate da competición, a maioría das clasificacións xerais da Copa Galicia, tras esta segunda proba, sufriron modificacións como en máster-40 situando ao fronte da clasificación a Miguel Agreda, a Javier Tajes como novo líder dos máster-50, e Manuel Prieto ao fronte dos máster-60. No grupo dos máster-30 non houbo cambios, polo que Javier Freire, vencedor nesta proba, conserva a camisola lograda no Memorial Fernando Abad,

A Copa Galicia remata o vindeiro fin de semana en Chantada coa disputa da terceira e última cita do calendario, o V Gran Premio Máster Ribeira Sacra, organizado polo Club Ciclista Chantadino e na que se coñecerán os gañadores finais desta nova edición da Copa Galicia Máster de ciclismo en estrada.