Domingo. 05.05.2024

O departamento de Cultura do Concello de Ribeira, presentou a primeiros de mes o programa da novena edición do Xuño da Cultura e as Artes, que está coordinado polo departamento municipal, e no que aúnan esforzos con máis de 50 entidades do municipio como asociacións, colectivos, agrupacións, centros educativos, fundacións, parroquias... e que supón o "mellor escaparate para amosar o labor cultural e artístico da nosa xente", indicou a concelleira María Sampedro durante a presentación do programa.

O proxecto naceu con tres obxectivos fundamentais: poñer en valor o traballo cultural do tecido social do concello, amosar a cultura na rúa a través de diversas actividades culturais de todas as disciplinas artísticas e organizar alomenos unha actividade cultural e artística ao día durante todo o mes de xuño, explicou Sampedro que estivo acompañada pola edil de Educación, Juana Brión.

Desde o día 1, a veciñanza xa desfruta de balde dun amplo abano de actibvidades culturais que inclúen música, teatro, literatura, folclore ou baile, entre moitas outras. Ata o día de hoxe, os ribeirenses puideron asistir ao concerto do alumnado do Conservatorio, clases abertas de Linedance e Ritmos latinos, visitar a éxposición Polaridades desde o día 2; Acudir á Festa da Guía en Carreira, ás noites abertas, á V Romería Celtista, ás charlas ou concertos, que son algunhas das actividades incluídas no amplo programa desta nova edición de Xuño de Cultura e das Artes e que se pode consultar premendo aquí