Domingo. 05.05.2024

O Club de Natación Boiro conseguiu o pasado día 5 de xuño a victoria na final da Liga Galega de Clubes de Terceira División no complexo deportivo da Freiteira en Ribeira. Este triunfo permite aos deportistas boirenses gañar o campionato e ascender á Segunda División, despois de superar ao CN Monforte, que tamén ascendeu de categoría, con 11 puntos de diferencia.

Foi unha xornada na que os equipos estiveron a un gran nivel durante todas as probas, que foron un total de 16 na categoría masculina e outras tantas na feminina, ademáis de catro por relevos. Varios nadadores do Boiro superaron as súas propias marcas persoais nesta cita. Así, clasificación final da Liga encabezouna o Boiro por diante do Monforte, Culleredo, Redondela, Ribeira e Vilagarcía.

A concelleira de Deportes de Boiro, Dores Torrado, que acompañou ao equipo durante toda a xornada, sinalaba nas súas redes sociais que "foi un pracer compartir con vós este día tan importante para o Club de Natación Boiro e para o conxunto do deporte boirense. Desfrutei como unha meniña con cada brazada que dábades. Parabéns polo merecido ascenso. Sodes un orgullo para o deporte boirense".

Desde o club destacaron que "despois de todo o traballo, sacrificio e ilusión recóllense os resultados que hoxe amosamos, melloramos marcas persoais, aspectos técnicos e demostramos coraxe en cada unha das probas e que permitiunos acadar o obxectivo final".