Sábado. 18.05.2024

A pista multideporte 'S.D. Xuventú Aguiño' situada xunto á campo da Tasca vén de acoller os traballos de instalación de puntos de luz para permitir o uso nocturno desta infraestrutura.

Fontes municipais, lembran que estes traballos forman parte da actuación iniciada no mes de decembro contratada polo Concello para ampliar a rede de iluminación pública municipal en 37 zonas do termo municipal e que incluíu tamén a dotación de luz nocturna a outras instalacións municipais como foi o caso do parque infantil da Casa do Mar de Corrubedo.