Domingo. 05.05.2024

Conmoción e fondo pesar os que se viviron en Boiro e na comarca do Barbanza polo falecemento, o pasado 27 de maio, de Jesús Alonso Fernández, presidente de honra e fundador do grupo internacional conserveiro Jealsa, e que de xeito directo e indirecto da emprego a miles da familias de toda a comarca. Nado en Boiro, Alonso faleceu aos 92 anos de idade despois dun par de anos nos que a súa saúde foi empeorando.

O empresario introduciuse no mundo da industria constituíndo a empresa Jealfer do sector textil. Posteriormente, no ano 1958, deu o paso ao sector conserveiro fundando Jealsa tras alugar unha fábrica conserveira en Vilaxoán, e que pouco a pouco foise internacionalizando ata se converter nunha das compañías punteiras das conservas en todo o mundo.

Hai xa anos, Jesús Alonso deixou ao fronte do grupo ao seu fillo Jesús Alonso Escurís, e na actualidade, a compañía factura máis de 700 millóns de euros ao ano, conta con máis de 5.000 empregados en todo o mundo, e con presencia nos países máis importantes onde comercializa e fabrica as súas conservas.

Jesús Alonso Fernández contribuiu co seu apoio ao desenvolvemento de entidades e de clubes deportivos, no que foi un dos máis importantes mecenas do Barbanza. Nos anos 90, foi elixido pola veciñanza de Boiro como o seu alcalde, posto no que permaneceu durante dous mandatos entre 1995 e 2003 co Partido Popular.

O Concello de Boiro decretou tres días de loito durante os cales se mantiveron as bandeiras da casa consistorial a media asta. Ademais, desde toda a corporación municipal mostraron o seu pesar e trasladaron as súas condolencias a toda a súa familia e amigos.

Polo súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou a figura do empresario como un dos maiores emprendedores que deu Galicia e describiuno como un apaisoado pola súa terra.

O fundador de Jealsa recibiu sepultura no ceminterio de Vista Alegre tralo funeral na iglesia de Santa Baia.