Sábado. 04.05.2024

O Concello de Noia vén de presentar unaha nova edición da súa campaña Noia Florece coa que se buscar dar cor ás rúas da vila e, ao memso tempo dinamizar e favorecer ao comercio, agora que xa está ben entrada a primavera.

A iniciativa foi presentada polo alcalde de Noia, Santi Freire, e pola  concelleira de Comercio, Laura Salgado, que estiveron acompañados “dos verdadeiros protagonistas” desta iniciativa: os rapaces e rapazas da Asociación Misela e da Vella Escola que engalanaron as rúas da vila. Xunto a eles percorreron varias rúas e comprobaron, de primeira man, o resultado final dos adornos realizados pola rapazada de Misela e dos murais da Vella Escola que dan vida ao casco histórico noiés. 

O obxectivo desta campaña “é encher de cor a vila de Noia e, tamén, para axudar a seguir dinamizando o noso comercio”, asegurou a concelleira.

Durante o percorrido, tamén visitaron os dos grafittis-murais, elaborados polos rapaces de Vella Escola, que se enmarcan tamén dentro da campaña Noia florece. Ao remate do percorrido, alcalde e concelleira volveron a mostrar o seu agradecemento á Asociación Misela e a Vella Escola polo esforzo e o enorme traballo realizado.