Domingo. 03.03.2024

O Concello de Ribeira vén de anunciar a concesión de subvencións a un total de 21 entidades deportivas do municipio. Unhas axudas cuxa cantidade total ascende aos 80.748,63 euros e están dirixidas á promoción das diferentes actividades (escolas, eventos, competicións...) dos clubes deportivos.

As entidades que recibirón a súa achega  abranguen unha ampla variedade de especialidades deportivas como son atletismo, fútbol, deportes de combate, voleibol, baloncesto, natación ou diversas modalidades náuticas. As entidades deportivas son as seguintes: Club Natural Sport, Club de Remo Náutico de Ribeira, Cidade de Ribeira, Xuventú Aguiño, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Escuela de Boxeo El Canario, Club de Patinaxe Ribeira, Club Kenpo Barbanza, Club Voleibol Ribeira, Club de Natación Ribeira, Atlético Oleiros, Club de Atletismo Ribeira, Club Palmeira, Windsurf Catro Ventos, Club Deportivo Artes, Kenpo Ribeira, CD As Miñoteiras, Peña Ciclista Tahume, Carreira CF, Club de Balonceto Barbanza e CB Ribeira.