Sábado. 18.05.2024

Semana de celebracións e recepcións para o Noia Portus Apóstoli FS, que o pasado 26 de marzo acadaba, a falta de cinco xornadas para o remate da competición, o título da Segunda División e o ascenso á máxima categoría do fútbol sala nacional, despois de superar ao Leganés por 3-1 no pavillón Agustín Mourís.

O club do barbanza non puido rematar de mellor xeito unha tempada espectacular e cun palmarés que aínda pode seguir medrando, o vindeiro 17 de maio, xa que enfrontarase ao Parrulo Ferrol na final da Copa Xunta (19.30 horas Pavillón A Raña de Marín). Esta fin de semana o Noia pechaba a tempada na categoría de prata cun empate co Calviá (2-2) que ao remate do encontro recibiu o seu trofeo de campión da categoría.

Antes da consecución oficial do título, a directiva, o corpo técnico, a primeira pantilla e todos os xogadores da base foron recibidos o venres 6 no Concello de Noia polo seu alcalde Santi Freire, que recibiu de mans do presidente do club, Severino Barreiro, unha camisola ainada por todo o plantel. Trala recepción no salón de plenos, xogadores e corpo técnico saíron ao balcón para celebrár coa afección os éxitos acadados. Ao remate, realizouse a foto familia con todos os integrantes do club e os representantes do concello.

Pero as recepcións e as celebracións non remataron aí. O luns 10 de maio, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) á delegación do Noia composta pola primeira plantilla, corpo técnico, o su presidente Severino Barreiro, así como o alcalde Santiago Freire. Lete Lasa felicitou a todo o equipo e destacou o longo camiño do Noia Portus Apostoli que leva no seu nome "unha das rutas xacobeas máis fermosas". De seguro, que neste especial dobre Ano Santo, o Apóstolo intercedeu para que chegarades ao voso obxectivo e soubo recoñecer "a vosa peregrinaxe de traballo e sacrificio".