Sábado. 18.05.2024

O salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu a reunión co Club de Remo Náutico para establecer propostas e analizar a ubicación do futuro Centro Municipal de Deportes Náuticos. Na reunión ademais da xunta directiva do club, participaron tamén remeiros e pais e nais dos deportistas así como veciños interesados na iniciativa. Durante algo máis dunha hora de reunión "moi fructífera" decidiuse por unanimidade ubicar o Centro no porto de Aguiño, nunha parcela duns 1.117 metros cadrados dunha superficie total de 2.235 metros.

O terreo está urbanizado e non conta cun desnivel destacado, máis si con todos os servizos de saneamento e abastecemento onde construiríase o Centro de Deportes Náuticos que non tería un impacto visual relevante. E, segun explicou o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, que este lugar non interferirá nos labores portuarios do seu colectivo.

Desde o Concello tamén queren destacar como valor engadido que con motivo das obras de renovación da fachada marítima, se prevé instalar nun lugar moi próximo unha estación de pump track e calistenia.

O Concello xa solicitara a Portos de Galicia, o 30 de decembro do ano pasado, a preceptiva declaración de interese para ocupar os terreos, mais aínda non recibiu contestación. Por iso, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz , e o patrón maior de Aguiño e a Fundación RIA participarán o vindeiro 19 de maio nunha reunión con Portos de Galicia para obter o visto bo do ente autonómico, e poder traballar canto antes na redacción do proxecto de ejecución da infraestrutura "para que este mesmo ano sexa unha realidade", indicou o rexedor.