Sábado. 18.05.2024

A Casa da Cultura do Concello de Boiro acolleu a presentación da plantilla do Club Ciclista Barbanza para a vindeira temporada 2022-23, nun acto no que ademais se aproveitou para presentar o novo tramo do carril bici da vila. Un total de 47 corredores lucirán a camisola do Barbanza a próxima campaña en Galicia e parte de España. Por categorías, 12 dos ciclistas serán promesas, 7 principiantes, 8 alevíns, 4 infantís, 6 cadetes e 10 xuvenís.

O CC Barbanza, presidido desde a súa fundación en 1984 por Ricardo Riveiro, tamén deu a coñecer os nomes do equipo técnico e deportivo. Así, Mocha Moledo estará á fronte da vicepresidencia ademais de desenvolver o seu papel como monitora; o director deportivo Nivel 1 e tesoureiro será José Ramón Torrado, mentres que Santiago Cajaraville será o secretario. Pola súa banda David Piñeiro e Juan Casal, ademais de monitores serán vogais do equipo directivo. Manel Carou, vogal; Luis Mariño, director deportivo de Nivel 2 e Juan Carlos Brión Lema que exercerá como director deportivo Nivel 1 e preparador físico do club.

O Concello aproveitou a posta de longo da plantilla para a vindeira tempada do CC Barbanza, para inaugurar o novo tramo de carril bici, agrupando aos ciclista na praza de A Boqueira da Negral que pedaleando percorreron o o tramo que conecta o xa existente no paseo de Barraña co núcleo urbano pola rúa Salvador Allende. Ao remate do traxecto, na Casa da Cultura do concello presentouse a plantilla do CC Barbanza que realizou a foto oficial da plantilla para a vindeira tempada nas escaleiras da Cachada.