Sábado. 18.05.2024

As salas de exposición da Casa da Cultura do Concello de Outes acollen desde onte e ata o vindeiro 30 de abril a mostra do 15º Premio de creación fotográfica Luís Ksado e na que se poden ver os traballos gañadores do certame, así como os dos finalistas, nunha escolma de imaxes que convidan a reflexionar e que mostran e exploran o mundo actual desde a mirada artística dos seus creadores.

A obra premiada nesta edición é unha reportaxe fotoxornalística nunha composición secuencial en formato documental baixo o título Atrapados ás portas de Europa e no que narra a viaxe das persoas refuxiadas polas fronteiras de Bosnia e Croacia no inverno de 2020, na busca do soño europeo, e que definen ao mesmo tempo o drama da emigración no século XXI.

Entre o amplo abano de finalistas, a variedade estética, temática e compositiva é moi alta e os traballos mostran a mirada do fotoxornalismo a través de imaxes dos conflictos bélicos, do traballo, das vítimas da pandemia, da Galicia baleirada e un sin fin de representacións actuais con forte transfondo social. 

A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 30 de abril, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e os sábados de 11.00 a 13.00 horas.