Sábado. 18.05.2024

A brigada municipal de obras do Concello de Ribeira procedeu ao pintado de máis dunha ducia de pasos de peóns no centro urbano da vila co fin de renovar o estado da sinalización horizontal.

Así, entre as vías obxecto destas labores atopábanse, entre outras, a praza do Concello e as rúas Otero Pedrayo, Praza do Concello, Alcalde Fernández Bermúdez, Mariño de Rivera, Escorial, Mendiño ou Travesía Canarias.