Sábado. 18.05.2024

O vindeiro fin de semana, o 9 e 10 de abril, volve o Festival da Chuvia organizado pola Companhia do Ruído e que conta coa colaboración do Concello de Rianxo e que encherá de sons e cultura a localidade do Barbanza nun dos festivais que abre a tempada musical estival en Galicia e que ao mesmo tempo da a benvida a primavera. 

O sábado iníciase o festival na vila de Rianxo mentres que o domingo será a quenda do Barco da Chuvia para o que xa están esgotadas as entradas. Nesta edición para todas aquelas persoas da comarca que queiran acudir e non teñan medios para facelo, Toxo Telecom habilitará un autobús con saída no malecón de Ribeira (10.00 horas) e con paradas en Palmeira, A Pobra e Boiro cun prezo de dous euros e que inclúe ademais do traslado un prato de paella e unha consumición no bar Castelao.

O sábado, ás 11.00 horas arrincan as actuacións na Praza de Padrón con Canción Desastre, aos que seguirán a partir do mediodía os grupos Bar Ban Sónicos, Grampoder, Broa y Machina. Xa pola tarde, desde as 17.30 e ata as 21.00 horas, subiránse ao escenario da Praciña Chamaquito Pistolas e Boroa. Pechan a xornada Radio Zapa e Tecor Societario a partir das dez da noite.

Paralelamente, o sábado pola mañá de 11.00 ás 13.00 horas, terá lugar a gincana poética rianxeira dirixida aos máis cativos co obxectivo de que descobran a poesía da localidade a modo de xogo como a búsqueda do tesouro, nunha aventura pola vila con pruebas e moitas sorpresas. Pola tarde (17.00 horas), A Praziña acollerá o obradoiro Millo verde no que Vanesa Bolboretiña ensinará aos participantes unha canción tradicional a través da súa danza.

O domingo é a quenda do Barco da Chuvia, para o que xa non quedan entradas das 140 ofertadas, que zarpará desde o malecón rianxeiro ao mediodía para percorrer a ría cos ritmos e as actuacións de Kris K DJ, Cé Orquestra Pantasma, Boroa e Amigos do Ruído e A Chuzaranga. A entrada inclúe ademais menú de xantar.