Domingo. 05.05.2024

Xa acabaron as obras da rúa Lavadoiro en Palas de Rei. Isto permitiu renovar as beirarrúas froito dun convenio coa Deputación de Lugo que destinou para este fin un total de 24.561 euros mediante o Plan Único.

O Concello de Palas de Rei mediante fondos propios procedeu a sustitución e renovación do sistema de iluminación en virtude do cal se incorporaron lámpadas de led na rúa. O alcalde, Pablo Taboada e o concelleiro de Obras, Amando Sande, supervisaron o remate dos traballos.