Sábado. 27.04.2024

A Secretaria xeral de Industria, Paula Uría, o representante de SyC-Applus en Galicia, Alberto Zalvide en compaña do Xefe Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e do resto de membros da corporación de Palas de Rei, asistiron o anuncio da construción dunha estación de inspección técnica de vehículos (ITV) fixa en Palas de Rei. A inversión, superará os dous millóns de euros e dará servizo a preto de cuarenta mil vehículos, asentase no concello de Palas de Rei, en pleno centro de Galicia, e contará con dúas liñas de inspección ocupando unha superficie de 2.000 metros cadrados.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, sinalaba “é un día especial para Palas de Rei, polo importantísimo servizo o que prestará esta estación fixa da ITV para o municipio, pa Comarca da Ulloa e para os concellos limítrofes que poderán realizar as correspondentes inspeccións dos seus vehículos nela, evitando así desprazamentos maiores. O comezo das obras está previsto para o vindeiro ano 2023 e a súa posta en funcionamento para 2024”

A súa vez, a secretaria xeral de Industria, Paula Uría sinalaba sobre esta nova estación de inspección técnica de vehículos (ITV) fixa en Palas de Rei, que “estará na vangarda da innovación e da sustentabilidade”

O Concello de Palas de Rei, é o Concello de Galicia con máis vehículos por habitantes en 2021 e foi o segundo da provincia de Lugo con máis matriculacións, logo de Lugo capital, segundo os datos do Instituto Galego de Estadística. Según datos da DGT, Palas de Rei supera os 7.000 vehículos domiciliados no propio municipio, entre turismos, autobuses, etc. Con datos pechados no primeiro trimestre de 2022 e segundo as cifras oficiais, o concello palense xa é o de maior número de vehículos por habitante de toda Galicia cerrando o ano 2021, con 400 novas matriculacións, o que converte a Palas de Rei no segundo Concello da Provincia con máis vehículos matriculados tras Lugo capital.