Xoves. 28.03.2024
O PP ganaría en Monterroso e Antas desputado

Pablo Taboada consolida a maioría absoluta e apuntala o PP da comarca

A enquisa encargada por Crónicas da Comarca, destaca que Pablo Taboada consolida a súa maioria absoluta e con tendencia a subir, que o leva ao 8 concelleiros e a subir. Monterroso todo moi apretado como sempre pero cun PP en subida e a capitalizar a súa entrada no goberno, en Antas de Ulla todo aberto.
Cadro das Enquisas
Cadro das Enquisas

O PP, maioría absoluta en Palas de Rei

Tal e como reflexan as enquisas realizadas por este xornal, o Partido Popular de Palas de Rei sería o partido que gañaría as eleccións o vindeiro 28M.

O PP conseguiría 8 concelleiros, os socialistas entre 2 e 3 e o BNG ou ben quedaría sen representación no concello palense ou cun concelleiro. Son datos que poden mudar unha vez que se coñeza quen vai ser o cabeza da lista socialistas despois da retirada de Horacio Rouco. De feito, xa neste estudo o Partido Popular sube un concelleiro con respecto ás últimas eleccións locais.

O actual alcalde popular, Pablo Taboada, está moi ben valorado na enquisa, cunha puntuación de 7,5, notable alto, unha nota potenciada polas inversións que se realizarán en Palas de Rei nos próximos anos: a ampliación do polígono ou a ITV.

O que fora alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado obtén en puntuación un 6,5 e o socialista Horacio Rouco queda cun 6, unha boa nota no ano da súa marcha da política. A posible substituta socialista: Ana Corredoira, chega cunha valoración dun 3, inferior á nota de membros do BNG como Manuel Pardellas ao que o cualifican cun 4.

Gráfico Palas
Gráfico Palas

Necesidade de posibles pactos para gobernar en Monterroso

Os datos na nosa enquisa reflexan un escenario bastante incerto en Monterroso, sen maiorías absolutas e polo tanto con necesidade de realizar pactos de goberno.

Así, o PP obtería entre 4 e 5 concelleiros, os socialistas entre 3 e 4, os partido independente entre 2 e 3 e o BNG ou ben quedaría sen representación ou obtería 1 concelleiro.

Con estes datos o Partido Popular sería o gañador das próximas eleccións do 28M en Monterroso, escalando da terceira posición á primeira con respecto aos resultados do último proceso electoral.

Os socialistas quedarían con resultados moi similares ás últimas votacións, o cambio de caras no partido semella que non parece asentarse, e nunha análise máis optimista podería lograr a representación cun concelleiro.

Os independente só conseguirían un concelleiro ou dous, dependendo da orquilla, xa que a marcha de Antonio Gato non os prexudicaría tanto ao PSOE como se pensaba nun momento e serían claves para formar goberno en Monterroso.

Dentro das valoracións políticas, o comezo da táboa vaise para Jesús Otero, ex alcalde que sacou a Gato da Alcaldía, catro anos leva fóra da casa do concello e consegue un 4,70. O anterior candidato do PSOE, Rafa García, non supera o 3,5 de valoración.

Gráfico Monterroso
Gráfico Monterroso

Duelo entre PP e PSOE en Antas de Ulla

As enquisas non dan maioría absoluta a ningún dos partidos. As dúbidas cernen entre se gañará as eleccións o Partido Popular ou o PSOE podendo obter entre catro ou cinco concelleiros. O partido independente podería quedar sen representación ou no mellor dos escenarios conseguir un.

No referente ás valoracións o popular Javier Varela obtén un 5 e Pilar García un 5,25.

O vindeiro 28M sairemos de dúbidas e saberemos quen é gañador do duelo entre populares e socialistas en Antas de Ulla.

Gráfico Antas
Gráfico Antas