Sábado. 27.04.2024

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presentou “un proxecto gañador” para Monterroso de cara ás vindeiras eleccións municipais, con Antonio Gato como candidato á Alcaldía. José Tomé subliñou que “Monterroso precisa e merece un goberno serio e responsable, que deixe atrás estes anos de desgoberno ó que levou a actual Alcaldesa e o PP gobernando xuntos, xa que foron incapaces de cumprir o que comprometeron e só responden a intereses particulares”.

Así o indicou o máximo responsable dos socialistas lucenses acompañado polo propio Antonio Gato, nun acto celebrado hoxe na sede provincial do PSdeG, onde estivo presente a Secretaria de Organización, Pilar García Porto, e o voceiro do PSdeG de Monterroso, Rafael García, que irá de número dous na candidatura.

GANAS DE TRABALLAR POR MONTERROSO”

Antonio Gato comezou a súa comparecencia agradecéndolle a José Tomé a “súa valentía política” por unha decisión coa que demostra “que entendeu o que necesita Monterroso, un instrumento para que os veciños, dende o punto institucional e político, estean en boa situación para que o noso concello siga progresando e non quede atrás”. “Agora mesmo Monterroso está parado e ten moita necesidade de recuperar o ritmo que levabamos, algo que os veciños atestiguan”.

“No que se refire á cuestión persoal, volvo á casa de sempre, á miña casa, e por esa razón estou moi ilusionado, moi aliviado e francamente con moitas gañas de volver a traballar nunhas condicións que estou seguro de que van ser favorables para Monterroso e para todos os veciños e veciñas do concello”, sinalou Gato.