Sábado. 27.07.2024

Mái de 4.000 fogares e empresas de Monterroxo xa dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH), cos servizos máis avanzados de telecomunicacións e a tecnoloxía máis rápida do mercado. Recentemente, máis de 1.600 inmobles dos núcleos do concello Lavandelo, Leborei, Monterroso, Penas, San Miguel, Sambreixo, San Benito de Bispo, Sandolfe e Sucastro incorporaron dita tecnoloxía grazas ao acordo do operador R co grosista de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Así, a poboación destas zonas dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos, unha cobertura óptima nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.

Dito acordo de R con Rede Aberta forma parte do proxecto para levar a alta velocidade a 450.000 inmobles nos núcleos rurais duns 170 municipios do territorio galego. Así, ambas empresas contribúen a reducir a fenda dixital, facilitando o teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming ou gaming no rural.

O foguete Mambo Axiña
O foguete Mambo Axiña

Non obstante, nas zonas de Monterroso nas que, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chegue a fibra óptica, as aldeas poden beneficiarse do Internet rural de R con 5G, con alta velocidade de ata 150 megas e wifi 6.

Finalmente, a empresa operadora lembra que a tecnoloxía ADSL ofrece menos ancho de banda, sofre máis avarías coas adversidades meteorolóxicas e xa está obsoleta, polo que a fibra óptica FTTH e o Internet rural son alternativas idóneas, sobre todo para as aldeas.

Monterroso supera os 4.000 inmobles con fibra óptica de R e completa a cobertura de...