Venres. 19.04.2024

Palas de Rei dispón dunha pista multideportiva, anexa ás instalacións do Ceip plurilingüe, para dar atención tanto ao alumnado de dito centro educativo, como para, o público en xeral.

Trátase, dunha nova infraestructura deportiva, construida cun céspede de herba sintética, onde os seus usuarios podrán practicar tanto fútbol, como baloncesto. Asentada nunha parcela de 3.000 metros cadrados e que nos vindeiros meses o Concello Palense ten previsto acomenter as obras de urbanización do entorno e accesos.

A pista multideportiva, é una realidade grazas á colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Palas de Rei e a súa execución supón un investimento de 60.000 euros, estará dispoñible en horario lectivo para o alumnado do Ceip e fora dese horario, incluidos os fins de semana, para o público en xeral que desexe practicar estos deportes.