Luns. 02.10.2023

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, manifestou que “estamos profundamente indignados. Nin sequera escoitarnos, non se dignaron a escoitarnos. En tres ocasións solicitamos unha reunión con Francisco Conde, con Alberto Núñez Feijóo e coa xerente do consorcio Impulsa Galicia desde o 18 de novembro do ano 2021 e ninguén se quixo reunir cos representantes da Mariña”.

O presidente da Mancomunidade pide explicacións“que nos expliquen a todas e todos os mariñaos por que se instala unha fábrica para procesar celulosa de eucalipto nun concello lonxe dos eucaliptos. Que nos expliquen por que se lle dan as costas a unha comarca cunha grave crise industrial. Que expliquen aos mariñaos por que despois de todas as fotos que sacou Feijoo en Alcoa agora que pode non quere aportar solucións á grave crise industrial da comarca. Por que ignora e bota ao lixo o mandato do Parlamento de Galicia. Por que se nos deixa unha vez máis de lado. Non vamos permitir nin unha mentira máis, isto é unha decisión política. Non se nos quixo recibir cando o único que pretendíamos os 16 concellos da Mancomunidade era facilitar os trámites e buscar a mellor ubicación, independentemente do concello. Que o expliquen. Que nos digan por que nos deixan abandonados, sen unha explicación, sen nin sequera recibirnos. Por que ese desprezo a toda unha comarca, por que ese absoluto e indignante silencio”.