Xoves. 02.05.2024

O Concello de Palas de Rei amosa o seu profundo rexeitamento ao anteproxecto de Lei de mobilidade sostible por consideralo “moi negativo para os concellos rurais e do interior de Galicia”.

Tal e como apunta Pablo Taboada, alcalde de Palas “neste anteproxecto, o executivo central pretende eliminar varias paradas en certos concellos galegos que están a prestar un importante e necesario servizo a cidadanía”. Taboada, amosa “o seu profundo malestar ante esta medida que pretende eliminar paradas de bus nas líneas estatais que discorren polo municipio”.

Traslada, a súa vez a súa “total desconformidade con esta actuación, xa que é un atentado contra os concellos do rural”. Amósase “preocupado coa línea que discorre entre Lugo e Santiago e que, con esta decisión do goberno central, suprime paradas en Palas de Rei, Melide e Arzúa. Línea, que está a prestar un importante servizo ós veciños/as destas localidades, pero tamén, ós estudantes e os múltiples peregrinos que visitan a zona”.

O rexedor palense, amosaba a súa “total indignación con esta decisión que de nada serve que dende os Concellos traballemos e nos esforcemos polo rural, si dende o Goberno de España se eliminan continuamente servizos básicos e necesarios para o rural coma este”.

O Concello de Palas de Rei presentará alegacións a este anteproxecto normativo, agardando que “sexan tidas en consideración polo Ministerio de Transportes”.