Domingo. 05.05.2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias e o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, supervisou o estado final da restauración do pavillón polideportivo municipal levada a cabo grazas ao convenio de colaboración asinado entre as dúas administracións e que contou cun importe total de 121.000 euros. A Xunta de Galicia achegou o 83% da contía total (100.000 euros), mentres que o concello lucense o restante 17% (21.000 euros).

 A obra levada a cabo constou da renovación parcial da cubrición, instalación de pavimento deportivo, porta principal de acceso e accesorios deportivos e incide na mellora das condicións de equipamento e funcionais do polideportivo que abundarán nun mellor servizo aos cidadáns. Ademais, o Camiño de Santiago ao seu paso por ‘Chacotes’, lugar onde se empraza o polideportivo, é unha zona moi transitada por os peregrinos. Tanto é así que o pavillón é utilizado para acoller os peregrinos, ademais de ser un aceso a outras infraestruturas importantes como é o Centro de Saúde.

O pavillón de Palas de Rei contribúe á mellora da calidade de vida e, dunha maneira indirecta, axuda ao asentamento da poboación. Nese espazo practícanse multitude de xogos infantís e deportivos, destacando fútbol sala, e baloncesto, entre outros, sendo elevado o número de cidadáns que fan uso desta instalación, podendo ser maior o número de usuarios o finalizar as obras.