Sábado. 27.07.2024

A vila será a sede para poñer en marcha o programa Coworking para empresas que este ano, a diferenza do pasado 2021, será presencial.

O que se pretende con este programa é asesorar a empresas que leven anos no mercado para modernizar os seus produtos ou que queiran invertir en novas liñas de negocio. Para iso, levaranse a cabo diferentes talleres onde se axudará aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver habilidades imprescindibles para poñelo en marcha. Haberá sesión de formación grupal e sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño do modelo de negocio á posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que poidan xurdir no camiño.

A matrícula está aberta e poden realizala na páxina web www.eoi.es e as dúbidas resolvelas en [email protected].

Trátase dun programa cofinanciado co Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e Entidade Colaboradora.

O espazo coworking nace froito da colaboración entre EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica- IGAPE.