Sábado. 27.07.2024

O Concello de Monterroso visibiliza a área de Caracacho instalando un parque infantil sostible para poñer en valor a ruta de sendeirismo do novo ao vello Monterroso, o Miliario de Caracalla e o cruceiro recentemente instalado para visibilizar o Camiño Santo ao seu paso por Monterroso.

A actuación consistiu na instalación de elementos infantís nun entorno natural e emblemático como é o Caracacho, polo que o uso de materiais respectuosos e sostibles era prioritario. Os xogos recentemente instalados de robinia orgánica escollidos proceden de bosques europeos sostibles e son de madeira duradeira, resistente ó clima e polo tanto moi acordes e adecuados para a área de Caracacho.

Estes elementos fabrícanse segundo a Axenda 2030 de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas, polo que son fabricados con materias primas que conteñen baixas emisións de carbono procedentes de silvicultura sostible cumprindo o obxectivo de redución do 45% de emisións antes do 2030, e por tanto creando un parque infantil cunha pegada de emisións de carbono moi baixa acreditada polo certificado de emisións de cada elemento. En canto ao pavimento apostouse por escavación de solo natural e un pavimento que amortigue en area lavada moi respectuoso co medio ambiente xa que ten menos impacto sobre o entorno que o pavimento continuo de caucho.

A alcaldesa, Rocío Seijas, sinala que “se engloba dentro do plan do equipo de goberno para crear e mellorar zonas de xogos infantís que se suma as obras de mellora dos dous parques infantís recentemente levadas a cabo así os plans de novas áreas de lecer que están en proxeto e que aspiran a poder executar nesta anualidade”. Ademais, destaca que “a creación desta nova área de xogos sostibles é unha aposta clara pola sostenibilidade e especialmente polo visibilización dos entornos naturais de Monterroso para poñer en valor o municipio a nivel paisaxístico e a nivel turístico, mellorarando a calidadedas prestacións aos veciños e visitantes”.


Parque Caracho Monterroso