Sábado. 27.07.2024

O Concello de Monterroso firmou convenios con sete asociacións municipais por un importe total de 43.912 euros con sete asociacións nas que se atopan a Asociación Falcatrueiros, a Sociedade Deportiva Monterroso, o Club Ciclista San Miguel, a Asociación de Pescadores, a asociación 25 Xastres, a Ampa do Colexio e a Ampa do Instituto.

Nos orzamentos do 2022 prevese unha importante subida que se eleva a 76.400 euros sendo beneficiarios a sociedade deportiva Monterroso (16.000 euros), o clube ciclista San Miguel (1.500 euros), Slalom Monterroso (4.000 euros), agrupación deportiva de veteranos de Monterroso (200 euros), pilotos automobilísticos (600 euros), Asociación cultural galega e formación permanente de adultos (2.500 euros), asociación da terceira idade (2.000 euros), asociación pais do IES (1.500 euros), Asociación cultural 25Xastres (7.000 euros), Coral Ecos da Ulloa (2.500 euros), Asociación Cultural Falcatrueiros (10.000 euros), Anpa colexio para actividades extraescolares (2.000 euros), Asociación amas de casa (600 euros), Comisión de festas parroquiais (6.000 euros), Organización festa da xuventude (1.500 euros), Asociación de pescadores de A Ulloa (2.000 euros), Entropia Folck (2.000 euros), Asociación Agrocuir da Ulloa (5.000 euros), Asociación sociocultural de la casa cuartel de la Guardia civil de Monterroso (3.000 euros), Asociación veciños de Vilamaior (2.500 euros) e subvención a servicios sociais (4.000 euros).

Tal e como explican dende o Concello de Monterroso, serán 22 os colectivos que poderán realizar actividades e inversións mediante este sistema de firma de convenios coa institución local.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca a colaboración do Concello con estas entidades pois “non só se trata de asignar unha cuantía económica senón que en numerosos casos os colectivos poden desfrutar de medios do Concello como axuda do persoal do Concello e instalacións municipais, así como colaboracións económicas extras en asuntos puntuais tal e como se fixo no ano anterior”.