Domingo. 05.05.2024

O Concello de Palas de Rei comenzou as obras de mellora e ampliación da estación depuradora de auga potable. Con esta actuación preténdese incrementar o caudal de bombeo nun 20% e asimismo evitar os problemas de turbidez os días de tormenta. A inversión supoñerá preto de 50.000 euros que serán sufragados integramente por Augas de Galicia.

A depuradora de Palas de Rei ten capacidade para prestar servizo aos máis de 3.000 veciños, así como tamén aos diferentes peregrinos que fan uso das augas ao seu paso polo Camiño de Santiago nesta localidade.