Domingo. 05.05.2024

O alcalde de Palas, Pablo Taboada recibiu, á directora de cine almeriense, Nieves Gómez, xunto co director de fotografía, Teo Martínez e o xefe de producción, Óscar Varela, xuntos abordaron o proceso de gravación do filme “Licantropía” que será rodada neste municipio de Palas de Rei, logo dunha pequena parte gravada en Almería, baixo a temática dos homes lobo e ambientada nos anos da guerra da independencia, donde a historia da supervivencia humana estará presente ao longo das diferentes tramas.