Sábado. 18.05.2024

Pilar García Porto, voceira socialista local critica a a nula capacidade de traballo e organizativa do Goberno do PP de Antas de Ulla. Así o dixo trala celebración da sesión plenaria que debería celebrarse xa fai máis dun mes, tal e como marca o pleno de organización.

García Porto rexeitou a aprobación do orzamento xeral, da que a día de hoxe e trala súa aprobación no pleno, o grupo socialista aínda non puido obter unha copia para poder analizalo en profundidade.

DESASTROSA XESTIÓN ECONÓMICA: 320 EUROS POR VECIÑO

A voceira socialista tamén puxo enriba da mesa a desastrosa xestión económica que esta executando o alcalde coa solicitude varios créditos para facer fronte a proxectos vila. “Xa no mes de novembro o alcalde e o equipo de goberno aprobou a tramitación dun crédito de 190.000 euros para pagar facturas derivadas da contratación e execución de obras con cargo a diferentes subvencións. Preguntámonos como se pode facer unha licitación e contratación pública ser ter consignación presupuestaria, sen facer a correspondente reserva de crédito para a execución das obras. Agora, no orzamento reflíctese en operacións de crédito a corto prazo unha deberá total de 314.602,27 euros en 4 créditos. Á que lle hai que sumar 294.648,31 euros a longo prazo, do que resulta unha dèbeda total de 609.250,58 euros. Polo tanto a cada veciño de Antas de Ulla en base ao orzamento municipal para o 2022 correspóndelle unha débeda por habitante de 320 euros.

274.301 EUROS DO PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN PARA 2022

García Porto lembrou tamén que trala aprobación do Plan Único da Deputación, o Concello dispoñerá neste orzamento 2022 de 274.301 euros, que poderá destinar a mellorar calidade da nosa veciñanza. “Un investimento real que beneficiará directamente a toda a veciñanza e a tódalas parroquias”, remarcou a voceira.

O PP REXEITOU MELLORAR OS SERVICIOS DE CAPTACIÓN DE AUGA

Nesta mesma sesión plenaria o Grupo Socialista de Antas de Ulla defendeu unha moción para mellorar os servizos de captacións de auga existentes, co fin de dar abastecemento a tódolos fogares. “Pero unha vez máis atopamos o non do PP. Estas son as políticas do PP mirar cara a outro lado cando existe un problema e ignoralo, esperando que se arranxe só”, replicou.

Dende o PSdeG-PSOE de Antas de Ulla trouxemos esta moción para o seu debate no pleno, tras manter varias xuntanzas coas veciñas e veciños que nos demandaron melloras neste servicio. “Ademais hai moitas as tuberías de uralita, que contén amianto, polo que se deberían cambiar por outras con materiais non perxudiciais para a saúde. É tamén creemos que é necesario que este servizo que pagan todos os veciños e veciñas, teña un control eficiente por parte do Concello xa que é responsable da súa xestión, sen atrasar os cobros durante varios anos, como xa sucedeu na nosa vila”.